O PP de Ribadeo reclama a apertura dos locais sociais das parroquias

AMariñaXa
O PP de Ribadeo reclama ao goberno local a apertura dos locais sociais das parroquias recollendo unha reivindicación dos veciños do rural.
7 Jun 2021

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo reclama ao goberno local do BNG a apertura dos locais sociais das parroquias recollendo unha reivindicación dos veciños do rural.

A coordinadora popular ribadense do rural, Montse Seijo, trasladouse a unha parroquia de Ribadeo onde os veciños lle trasladaron esta demanda. Seijo sinala que “pouco a pouco se van realizando actividades nos distintos locais sociais da vila” e, polo tanto, considera que “o goberno local do BNG debería dar permisos para abrir tamén os locais sociais do rural para facilitar que os distintos colectivos das parroquias vaian recuperando as súas actividades”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.082931041717529