O PP de Ribadeo lamenta que non se lle informe se existe un plan de xestión de residuos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A vicevoceira do Grupo Municipal de Ribadeo, Elena Sierra, critica que “o concelleiro do Goberno ribadense delegado de medio ambiente siga sen render contas sobre a existencia ou non dun plan municipal de xestión de residuos” que inclúa un programa tamén a limpeza dos colectores do lixo.
13 Oct 2019

A vicevoceira do Grupo Municipal de Ribadeo, Elena Sierra, critica que “o concelleiro do Goberno ribadense delegado de medio ambiente siga sen render contas sobre a existencia ou non dun plan municipal de xestión de residuos” que inclúa un programa tamén a limpeza dos colectores do lixo.

A concelleira popular considera “unha falta de respecto” que o equipo de Goberno respondera dicindo que “o camión da recollida sae tódolos días” ante a pregunta sobre a existencia deste plan na última sesión plenaria en lugar de facer entrega ao Grupo Municipal Popular dunha copia do mesmo tal e como fora solicitado.

A edil do PP lamenta que “unha persoa que percibe unha dedicación exclusiva das arcas municipais manteña a vila e a zona rural do noso concello totalmente abandonadas”.

Neste sentido, Sierra asegura que “Ribadeo non merece este trato” e recórdalle ao señor Freije que “gobernar non só é cobrar, gobernar é xestionar e traballar”.

O pasado mes de setembro xa criticaban dende o Grupo Municipal Popular ribadense “a falta de planificación do Goberno local para o coidado de zonas verdes, a retirada de residuos e a limpeza de colectores e rúas”. Elena Sierra considera “prexudicial para a imaxe da vila a sucidade das rúas durante este verán”.

A popular reivindica tamén que “o Goberno local manteña as nosas áreas recreativas nun axeitado estado de conservación durante todo o ano e non só dende o día anterior á celebración de distintos eventos nestes espazos”.

Por outra banda, Sierra denunciaba recentemente “o estado de abandono no que se atopa o parque de Ove con mobiliario roto e alumeado deficitario a pesar de que foi acondicionado recentemente con preto de 300.000 euros da administración autonómica”. Os populares consideran este caso “un claro exemplo da desidia do Goberno local do BNG”. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17876696586609