O PP de Ribadeo lamenta o estado de abandono no que se atopa a praia dos Bloques

AMariñaXa
A vicevoceira do PP de Ribadeo lamenta o estado de abandono no que se atopa a praia dos Bloques debido aos traballos de poda e limpeza
Tuberias praia dos Bloques
19 May 2021

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, lamenta o estado de abandono no que se atopa a praia dos Bloques debido a que os traballos de poda e limpeza da praia dos Bloques continúan sen rematar. Nese sentido, urxe ao concelleiro responsable de medio ambiente a xestionar e coordinar os traballos de poda ata o seu remate porque “cando se realiza un traballo cremos conveniente facelo ben e non deixar as cousas a medias”.

A popular sinala que “o concelleiro de medio ambiente anunciaba en xaneiro deste ano pódaa dos restos vexetais da ladeira da praia dos Bloques por perigo de derrubes e desprendementos”; pero, “a día de hoxe, e dada por finalizada esta obra, se cabe o perigo é maior”; xa que os restos dos traballos de poda continúan presentes na zona e poden supoñer un perigo para os usuarios da praia. “Seguen sen recollerse os restos de pódaa que poden caer á praia e causar danos”, apunta.

Sierra tamén denuncia outra lamentable situación que se está a dar no areal debido á rotura dunha tubería durante os traballos de poda que continúa tamén sen reparar ou substituír e, polo tanto, “segue vertiendo as augas fecais directamente á praia”, critica.

Restos de poda na ladeira da praia dos Bloques

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18574595451355