O PP de Ribadeo esixe limpeza na praza da Música para evitar esvaróns

AMariñaXa
Elena Sierra esixe ao goberno local limpar e manter a Praza da Música para evitar riscos de caídas debido ao xeo
praza da musica ribadeo
27 Dec 2021

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, advirte que “a situación da praza da Música é de total estado de abandono; xa que se atopa convertida nunha pista de xeo poñendo en risco aos veciños que teñen que facer uso da praza para acceder ás súas vivendas".

A popular lamenta o seu mal estado de conservación tendo en conta, especialmente que “existe unha sentencia xudicial que obriga ao goberno local a, primeiro, arranxar a praza e, segundo, a coidala e mantela. Pero nada de nada”, condena.

Sierra remarca que “ese xuízo perdido polo goberno do BNG tivemos que pagalo todos os ribadenses” e advirte que “tamén somos todos os cidadáns os que pagamos o seguro e por iso a este equipo de goberno dalle o mesmo se o xeo chega a provocar algún accidente que esperemos que non suceda”.

0.086676120758057