O PP de Ribadeo esixe ao Goberno local a limpeza e desinfección de rúas

TerraChaXa | AMariñaXa
O PP de Ribadeo esixe ao Goberno local a limpeza e desinfección de rúas, parques, no entorno do centro de saúde e outros puntos concorridos.
21 Xan 2021

O Grupo Municipal Popular esíxelle ao goberno local do BNG a limpeza e desinfección das rúas, parques, no entorno do centro de saúde e outros puntos concorridos.

“Parece que o goberno local continúa ausente nestes momentos tan complexos” que estamos a vivir debido á covid-19. Así, a vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra, sinala que “nos días que estamos é fundamental, entre outras cousas, unha boa limpeza e desinfección das zonas das que facemos máis uso os ribadenses”.

Nese sentido, Sierra avanza que “o Grupo Municipal Popular pedirá no vindeiro pleno un protocolo covid de limpeza e desinfección” para que o goberno local o poña en marcha.

A vicevoceira do PP ribadense denuncia tamén “a existencia de humidades no parque infantil de San Francisco, o máis concorrido da nosa vila pola súa situación céntrica”.

O parque atópase ao lado da igrexa que lle fai sombra boa parte do día e, polo tanto, “estanse a crear manchas verdes que poden provocar que os usuarios esvaren. É un perigo”, recalca. Sierra subliña que “a zona máis afectada é a das randeeiras”.

0.1872730255127