O PP de Ribadeo di que o Concello ten "totalmente abandonado" Rinlo

AMariñaXa
O PP de Ribadeo di que o Concello ten "totalmente abandonado" Rinlo. A vicevoceira popular sinala esta vila como un dos lugares máis fermosos
pp rinlo queixa
19 Nov 2022

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra, destaca que “Ribadeo é un pobo turístico”. Nesta ocasión, sinala que “un dos lugares máis fermosos para visitar tanto pola súa gastronomía como pola súa arquitectura mariñeira é Rinlo”.

A popular nomea un dito que di que “é difícil soprar e sorber á vez” para explicar que “isto é precisamente o que lle pasa a este goberno: convida a todos os veciños e visitantes a coñecer Rinlo, pero teno totalmente abandonado”. 

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular sinala que “as rúas están sucias, os contedores apestan, están cheos de ratas e o seu número non é suficiente para o pobo. As papeleiras aí xa nin existen e as que hai, están inservibles. Os puntos máis visitados están sen rozar”. É o caso do paseo marítimo: “é unha beleza, pero este goberno local teno nun estado vergoñoso: cheo de herba, sen limpar e con varandillas oxidadas”.

Sierra explica que “hai unha ausencia de todo tipo de mantemento e de xestión. A este goberno do BNG gústalle moito dar leccións, pero no referente a escoitar á asociación e aos veciños de Rinlo, nada”. É máis, a popular aprecia “unha falta de humildade dun goberno liderado por un ego absoluto”. Por iso, convidaos a que “tomen nota e actúen”.

O APARCAMENTO DE RINLO

Tamén sobre esta vila mariñeira, a popular explica que “o goberno do BNG promete e promete”; pero “de cumprir nunca se acorda”. Nese sentido, lembra a promesa de construír un aparcadoiro en Rinlo e, polo tanto, urxe ao goberno local a cumprir: “vaian apurando porque as eleccións xa están ahí. Ao estar ausentes toda a lexislatura, veuselles o tempo enrriba. E, agora, parche vai; parche vé. O aparcadoiro de Rinlo, como moitas outras cousas, quédase so nunha promesa electoral”, incide a popular.

pp rinlo queixa 1
0.16724610328674