O PP de Ribadeo di que "o alcalde é o causante do mal ambiente de traballo no Concello"
O Grupo Municipal Popular de Ribadeo esixe explicacións ao alcalde ante os problemas cos traballadores do Concello. “O goberno do BNG é o problema no Concello de Ribadeo: elimina dereitos dos traballadores, segue tendo casos abertos por denuncias nos xulgados, impulsa privatizacións encubertas, amortiza prazas na Relación de Postos de Traballo municipais. É o causante do mal ambiente de traballo dentro do Concello”, segundo apunta o voceiro, Daniel Vega.
“Uns vanse porque se xubilan e tampouco sabemos se se xubilan ao 100% porque parece que seguen traballando no Concello”. Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular pregúntanse como se lles paga a estes traballadores”.
Tamén advirten os populares “do problema coas prazas acumuladas e por que o goberno local non fai nada para solucionalo. Estamos a falar do posto de interventor e secretario que compartimos con outros Concellos e, polo tanto, Ribadeo só dispón deles a tempo parcial. E iso nótase no día a día do Concello. Paralízanse moitas xestións como é o caso do atraso no pago das facturas. Este Concello é o que máis tarde paga de toda A Mariña e o goberno local non da ningún tipo de explicación e seguen con normalidade absoluta. Eles cobran a súa asignación todos os meses e, polo tanto, non é un problema para os membros do goberno do BNG, pero moitas empresas e asociacións si que o notan”.
Vega explica que “algúns traballadores renuncian ao seu posto” e pregúntase a que se debe: “pode ser polas actitudes chulescas do goberno do BNG e o seu ego desmedido?”. Ao Grupo Municipal Popular non lle sorprendería tendo en conta que “nos insulta nos plenos, fáltanos ao respecto, rin e fan muecas mentres intervén algún dos concelleiros do noso Grupo, cortan a palabra á oposición no momento no que lle convén ao goberno local. Se se actúa con nós así, tamén cos traballadores. Como levan practicamente 16 anos no Concello pensan que todo é deles”. Polo tanto, “recoméndolles actitudes máis democráticas”, di o portavoz.
PIDEN EXPLICACIÓNS
Os populares esixen, polo tanto, que o alcalde dea explicacións aos ribadenses facendo fincapé en que “sexa o el mesmo o que o explique porque é el mesmo o causante de moitas denuncias coas que os traballadores acabaron no xulgado. É o causante das paralizacións, dos recortes, das privatizacións encubertas e do mal ambiente dentro do Concello”.
Vega insiste en que debe dar explicacións porque “o alcalde e o seu goberno saben perfectamente que é verdade o que estamos