O PP de Ribadeo denuncia por terceira vez os vertedoiros incontrolados

AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular xa ten denunciado e solicitado unha solución ante a acumulación de residuos de todo tipo no lugar de Porto
verquidos Ribadeo denuncia PP
8 Xan 2022

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, agarda que “á terceira vai a vencida”. Así o sinala tras chamar a atención do goberno local do BNG en marzo do 2020 e en novembro do 2021 sobre a situación dos vertedoiros incontrolados en varios puntos do municipio.

A popular explica que “o lixo non é que siga aí; senón que vai en aumento, sobre todo, na entulleira de Porto. Isto é vergoñento”, sinala en relación á proliferación de puntos de acumulación de lixo de todo tipo.

Sierra cre que se trata dun indicio “dunha gran falta de traballo neste goberno”. E advirte que: “non queremos máis desculpas, queremos que se actúe e se limpen dunha vez por todas estos vertedeiros”.

O Grupo Municipal Popular preguntou no pleno municipal fai varios meses polas actuacións previstas e o goberno local do BNG respondeu que xa o farían pouco a pouco. Neste sentido, a popular xa advertía en novembro que “tan pouco a pouco o están facendo, que ata o momento non o fixeron”, lamenta.

0.21002197265625