O PP de Ribadeo denuncia a proliferación de vertedoiros incontrolados no municipio

AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular xa ten denunciado e solicitado unha solución ante a acumulación de residuos de todo tipo no lugar de Porto
vertedoiro ribadeo
14 Nov 2021

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia a inactividade do goberno local do BNG ante a proliferación de vertedoiros incontrolados no municipio.

A popular asegura que “cada vez son máis os vertedoiros incontrolados no noso concello. E o goberno do BNG sabe deles, pero non actúa”.

Sierra explica que o Grupo Municipal Popular xa ten denunciado e solicitado unha solución ante a acumulación de residuos de todo tipo no lugar de Porto. A este respecto, lamenta que cando levaron o tema ao pleno municipal fai xa varios meses, “o goberno do BNG díxonos, con toda a ousadía do mundo, que xa o farían, que non nos preocupásemos, que o farían aos poucos. E tan aos poucos estano facendo, que ata o momento non o fixeron”, lamenta.

A vicevoceira popular na corporación local considera “una pena que a este equipo de gobierno haya que marcarle el camino a seguir”, en relación á súa falta de actividade: “este goberno leva desde que empezou a lexislatura sen facer nada”. É por iso polo que instan a que “esperte duhna vez”.

Nesta ocasión, Sierra esixe que o goberno do BNG “poña remedio a estas entulleiras incontroladas cada vez máis repletos de lixo”, incide.

0.17701101303101