O PP de Ribadeo denuncia a falta de planificación do Concello durante o período vacacional de Semana Santa
Pasadas as festividades de Semana Santa e despois duns días de descanso e de lecer, a vicevoceira do grupo municipal popular, Elena Sierra, destaca que “volvemos escoitar unha frase que repetiron tanto veciños como visitantes: Que bonito é Ribadeo, pero que sucio o ten este goberno”.
Sierra di: “Este goberno do BNG está máis pendente de poñer cartelitos, que non son máis que rabechas dun neno pequeno dun goberno que vive nunha permanente confrontación e a quen lle importa moi pouco Ribadeo”. En relación a ese asunto a vivevoceira fai referencia ás imaxes que se viron na vila durante lestes días con contedores moi sucios, abarrotados de lixo, cunha falta clara de papeleiras e as rúas sen baldear. “Os propios veciños tiveron que poñerse a baldear eles mesmos as rúas polos malos cheiros que desprenden. Sen ir máis lonxe podemos poñer como exemplo o de Fontecabada”, subliña Elena Sierra.
Noutra orde de cousas, o grupo municipal popular resalta o pasotismo e a falta de traballo do goberno do BNG coa praia das Catedrais. A vicevoceira comenta que nestes días a praia contaba con “colas interminables” que provocaron o enfado y a decepción dos visitantes. “16 anos de goberno, e siempre o mismo, incluso foron capaces de eliminar o aparcamento que estaba fronte do bar, en todo descoidado, sen papeleras e no paseo con moitos tramos rotos. Esta é imaxen que se levaron moitos turistas e que sofrimos moitos veciños pola falta de traballo do BNG” di Sierra.
Por outra banda, o grupo municipal recibiu con abraio a noticia de que os socialistas, despois de 4 anos desaparecidos e a dous meses das eleccións, anuncian que está xestionando o arranxo da praia do Cargadeiro, unha iniciativa que os populares levan solicitando todo o mandato. Neste sentido Elena Sierra comenta: “Din que en dous meses van ter listo. Pois xa puideron darse conta no 2020 e xa levariamos dous anos gozando desta preciosa cala. Pero é que ao partido socialista xa non o cre ninguén”.