O PP de Ribadeo di que a lancha de salvamento "está en situación de abandono"
AMariñaXa
O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, vén de criticar os "bacheos electorais" que fan dende o "Concello de Ribadeo.
29 sep 2022
O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, vén de criticar que a lancha de protección civil que foi entregada pola Xunta de Galicia e que se atopa "nunha situación de abandono total".
Desde o grupo municipal pregúntanse onde se atopa o material de salvamento, e como é posible que sendo tan necesaria en caso de emerxencia para os voluntarios se atopa abandonada de calqueira maneira nun taller pechado
Por outra banda, comentou os "bacheos electorais" que fan dende o Concello de Ribadeo. "A política deste o goberno do BNG poderíamos resumila nesa frase", di Vega, que demanda unha planificación e unha xestión seria en materia de obras e infraestrucutras. "As cousas non poden facerse así, rápido e correndo", remata dicindo.