O PP de Ribadeo critica o mal estado dos parques infantís

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, asegura que “a falta de mantemento dos parques infantís”.
37286149_1838556799773776_3713361563717992448_o
20 Ago 2020

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, asegura que “a falta de mantemento dos parques infantís”. Sinala a popular que tanto o parque da rúa Pintor Fierros coma o parque do xardín presentan elementos en mal estado de conservación que “supoñen un perigo para os nenos e nenas que utilicen estas instalacións”.

A concelleira popular esixe ao goberno local que “actúe de inmediato para dotar de seguridade aos nosos nenos e nenas” que, por mor do estado que presentan estes parque, “non poden facer uso deles en condicións de seguridade e tranquilidade para as súas familias”. No caso do parque da rúa Pintor Fierros algúns dos elementos das estruturas de xogo presentan deficiencias ao non contar con algunha das súas partes e o sistema de peche do parque do xardín está roto ou incompleto.

Sierra asegura que o equipo de goberno está a facer “unha mala xestión do diñeiro público”. Así queda demostrado “unha vez máis”, di, “ante a falta de mantemento dos parques infantís de Ribadeo”.

Condena a popular esta “falta de previsión e de interese por mellorar os recintos e os elementos que forman parte dos parques infantís para ofrecer aos nosos nenos e nenas unhas instalacións de ocio en boas condicións”.

marcos ladra2
0.19957995414734