O PP de Ribadeo censura que o Goberno local planee eliminar a recollida de lixo durante os festivos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal do PP de Ribadeo censura que o Goberno local continúe “restándolle e quitándolle” servizos aos cidadáns de Ribadeo.
8 Jan 2020

O Grupo Municipal do PP de Ribadeo censura que o Goberno local continúe “restándolle e quitándolle” servizos aos cidadáns de Ribadeo. Desta volta, coa eliminación da recollida de lixo os días festivos, que planea levar a cabo. Trátase, segundo apunta a edil Elena Sierra, “dalgo inexplicable”, que resposta a “unha decisión unilateral de Fernando Suárez e que é máis criticable aínda se se ten en conta que o servizo actual deixa moito que desexar”. E é que son varias as ocasións nas que os colectores están a rebosar, acumulándose así importantes cantidades de residuos inas beirarrúas; o que provoca, primeiro, “unha imaxe deplorable da vila e, segundo, a creación dun foco de insalubridade”.

“O equipo de goberno ten unha virtude, a de demorar no tempo os problemas, actuando finalmente tarde e mal. As incidencias na recollida son continuas. Iso sabémolo e vémolo todos. E agora o asunto non só non mellora senón que empeora coa supresión da recollida os festivos”. Por este motivo, Sierra considera que a medida que prevé implantar o Concello é “unha clara irresponsabilidade dos seus dirixentes”. 

Responsables políticos que non están á altura

“Se os responsables políticos non están á altura de dar solucións acordes ás situacións, é mellor que abandonen as súas responsabilidades. O que non pode ser é que o servizo xa sexa malo, por non dicir que moi malo, é agora aínda o agraven deixándonos sen recollida os festivos”. Para a popular gobernar non é eliminar prestacións, “é xestionar de forma que se poida facer máis con menos, priorizando aquilo que non prexudique á cidadanía e ao desenvolvemento do municipio”. 

Tal é así que, tal medida, pon de relevo tamén que o concelleiro de Medio Ambiente “non está só sobrepasado, senón que non está lexitimado para dirixir esta área, ao crear con ela un malestar constatable na poboación”. É por isto, polo que Sierra se dirixe directamente a Fernando Suárez e lle pide que “repense a decisión”, co fin de evitar “un caos” que, lamentablemente, di, repercutiría nunha mala imaxe para o pobo e para o turismo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14981698989868