O PP de Ribadeo afirma que os inmobles municipais están totalmente abandoados

TerraChaXa | AMariñaXa
O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, critica que o alcalde, Fernando Suárez, non fai o que esixe aos propietarios particulares de casas e parcelas, porque hai inmobles de titularidade municipal que están completamente abandonados.
17 Jan 2019

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, critica que o alcalde, Fernando Suárez, non fai o que esixe aos propietarios particulares de casas e parcelas, porque hai inmobles de titularidade municipal que están completamente abandonados.
O alcaldable popular explicou que “destinar recursos para os cascos históricos, concretamente da vila ribadense, eu creo que é un traballo correcto, e a Xunta de Galicia investiu no casco de Ribadeo máis de medio millón de euros, para restaurar e conservar moitas das casas que están no conxunto histórico. Hai un orzamento público de todos que ten un destino, que ten un fin concreto, que é o casco histórico de Ribadeo. E a Xunta de Galicia vai seguir investindo no casco histórico ribadense”.
Danie Vega denuncia que “o goberno municipal non fai o traballo. Obriga á propiedade privada o que non el fai na titularidade municipal. As casas que son do Concello están nun completo abandono, non se toman medidas, pero obriga á titularidade privada o que el non fai na súa propiedade”.
Vega engade que “as fincas municipais que se encontran na vila ribadense ou no rural están completamente abandonadas e tampouco as conserva. Fincas que tiña que estar limpando o Concello non o fai e sen embargo obriga á titularidade privada, é dicir a todos os veciños, a limpar as súas fincas”.
O candidato do PP á alcaldía ribadense critica tamén que “os carteis na vila ribadense péganse totalmente ao libre albedrío, non hai un traballo ben realizado por parte do alcalde e do goberno municipal, cando hai unha normativa que di claramente o que hai que facer no tocante a pegar os carteis. Polo tanto por que non se cumpre esa normativa. Nós dicimos que hai que ter uns puntos concretos para pegar os carteis, non podemos velos pegados en calquera sitio porque iso tamén dana a imaxe dun pobo turístico como é Ribadeo. Polo tanto o cumprimento da lei é para todos, tamén para o goberno municipal. Hai que empezar por dar exemplo e logo esixir os veciños e veciñas. Este é o alcalde que temos”.

0.12846684455872