O PP de Lourenzá pide que se axilicen os convenios entre Concello e Bispado para rehabilitar o Mosteiro de San Salvador

AMariñaXa
Os edís do Partido Popular de Lourenzá solicitaron ao goberno local a celebración dun pleno extraordinario (o 2 de febreiro) para que poder solicitar aos servizos xurídicos do Goberno de España os informe pertinentes para aclarar a titularidade de diferentes bens e propiedades que o Bispado Mondoñedo – Ferrol quere inmatricular.
6 Feb 2024

Os edís populares explican que o pasado 2 de febreiro xa se celebrou unha xuntanza entre os grupos políticos que forman a corporación municipal e a Asociación Patrimonio Laurentino en relación ao expediente de dominio instado polo Bispado Mondoñedo – Ferrol para inmatricular o Mosteiro de San Salvador, o campo dos bolos e varias referencias catastrais máis.

“O noso obxectivo, sen ánimo de procurar malestar, é aclarar a situación destes terreos e bens, pechar os convenios precisos entre Bispado e Concello para traballar pola rehabilitación do inmoble, do seu entorno e do seu uso público en beneficio dos laurentinos”, sinalan.

https://galiciaxa.com/2024/01/amxa/zonas-amxa/mondonedo-amxa/251086/

0.13094520568848