O PP de Lourenzá destaca a subvención da Xunta para mellorar o campo de fútbol e o ximnasio
O PP de Lourenzá destaca os case 50.000 euros de subvención da Xunta de Galicia que permitirán realizar melloras importantes e necesarias no campo de fútbol e no ximnasio.
Os concelleiros do PP de Lourenzá explican que en total o goberno galego aportará 47.000 euros ao municipio para estas melloras. En total, serán 39.000 euros para renovar o alumeado do campo de fútbol de Santa Cruz e 8.000 euros para renovar as máquinas do ximnasio.
“Unha vez máis queremos destacar o compromiso da Xunta de Galicia con Lourenzá e cos seus veciños xa que grazas a esta aportación autonómica poderán realizarse dúas actuación moi demandadas polos laurentinos”, explicaron.
Dende o PP de Lourenzá poñen en valor esta aportación xa que “somos un municipio que conta cunha alta porcentaxe de poboación que practica deporte polo que os veciños ven como a Xunta se preocupa das súas necesidades”.