O PP de Lourenzá denuncia “falta de transparencia e mala xestión do Goberno local”

AMariñaXa
O PP de Lourenzá denuncia “falta de transparencia e mala xestión do goberno”. Desde a ausencia de orzamentos ás infraestruturas
17 Mar 2023

O Partido Popular de Lourenzá denuncia unha “clara falta de transparencia e unha nefasta xestión por parte do Goberno local". Así o afirman os populares despois de levar ao pleno deste xoves unha serie de preguntas relacionadas cos problemas cotiáns da localidade.

En primeira instancia, a pregunta máis importante foi a relacionada cos presupostos do ano 2023, "que a día de hoxe o goberno local segue sen aprobar.  Non pode ser que o Concello de Lourenzá non dispoña de presupostos para o 2023 ata mediados deste ano 2023”, lamentan dende o PP local.  De feito, consideran que “lonxe de facer fronte ás súas responsabilidades, o goberno socialista bota balóns fora”.

Por outra banda, os populares preguntaron sobre o mal funcionamento do punto limpo en Lourenzá. De feito, a Xunta de Galicia remitiu ao Concello un informe por este motivo. “O que non pode ser e que teñamos un punto limpo e non se utilice en condicións”, apuntan desde o grupo popular. Sen embargo, o goberno local lonxe de asumir as súas competencias e responsabilidades deu unha explicación “baleira e carente de contido. Segundo o goberno local non foi un informe, senón que foi unha inspección autonómica con observacións leves, nada fóra do normal”. Sen embargo, “o certo é que todo é un desastre, non se cumpren os horarios establecidos, os residuos perigosos acumúlanse e pode entrar calquera persoa. Hai cámaras, pero non cinta para gravar por si pasara algo”, explican desde o PP.

En relación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), os populares explican que “o Concello de Lourenzá dispón de horas pendentes de asignar, mentres que hai varios expedientes resoltos a favor de persoas que necesitan atención e non teñen ningunha hora asignada”. Desde o goberno local as aclaracións volven a ser desculpas baseadas en que se irán asignando e cubrindo estas horas cando a Xunta as conceda, cando a realidade dista moito desta resposta. “A Xunta de Galicia non ten problema ningún en que se concedan as horas sempre que se pidan as horas necesarias para aqueles casos que sexan urxentes, como é o caso de moitos dos nosos veciños que teñen dependencia do grupo 3, é dicir, veciños que necesitan este servizo xa”, explican os populares.

En outra orde de cousas, tratáronse temas coma “o mal estado no que se atopa a motobomba do Concello, a carencia de contedores de lixo soterrados e o seu mal estado; así como deficiencias en certas infraestruturas no municipio”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17980885505676