O PP de Lourenzá denuncia a suba do imposto sobre os bens inmobles

AMariñaXa
Os populares tamén critican o ascenso das taxas de auga que entenden que é "desmesurado"
PP-Lourenzá
17 Nov 2024

O PP de Lourenzá denuncia a suba do imposto sobre os bens inmobles (IBI), tanto urbanos como rústicos, e das taxas de agua pois entende que é desmesurada e afecta gravemente a economía de todas as persoas do concello: familias, comercios, empresas e autónomos.

O PP de Lourenzá indica que o goberno local socialista, en pleno ordinario do pasado martes 13 de novembro de 2024, aprobou en solitario o aumento do IBI e das taxas de agua.

O tipo impositivo -que se aplica sobre o valor catastral- tanto para bens de natureza urbana como de natureza rústica pasa do 0,55 % (ano 2024) ao 0,70 % (ano 2025), o que supón un incremento dun 27 por cento. A suba das taxas da agua e basuras para o ano 2025 é dun 25% respecto o ano 2024.

"Informamos que na Mariña os valores catastrais máis actualizados, despois de Burela (ano 2017), son os de Lourenzá (ano 2007) e que unha boa parte dos Concellos mariñáns teñen valores catastrais dos anos 1988 e 1989. Por outra banda a media do tipo impositivo do IBI nos Concellos da Mariña no ano 2024 é do 0,58% (en urbana) e do 0,59% (en rústica)", trasladan desde o Partido Popular.

O PP considera que estos aumentos no IBI e taxas supoñen unha carga excesiva para todos os veciños de Lourenzá.

"Dende o Partido Popular seguimos traballando para lograr que algún día a veciñanza laurentina teña unha xestión eficiente e eficaz. Entendemos que hai que ser responsables, transparentes e xustos na administración dos recursos municipais. Por todo isto poñemos en coñecemento da cidadanía laurentina estas subas de impostos e taxas para que cada quén as valore e saque as súas conclusións", conclúen.

 

 

0.19678902626038