O PP de Lourenzá constitúe unha xestora

AMariñaXa
O PP de Lourenzá refórzase coa constitución da súa xestora que traballará “para mellorar o noso municipio”
xestora pp lourenza
30 Xul 2022

O Partido Popular refórzase en Lourenzá para  intensificar o traballo na defensa dos intereses dos laurentinos. Ese é o principal obxectivo da agrupación local que vén de constituír a xestora presidida por Roberto Díaz Expósito. A formación popular continúa así a “fortalecerse para crear unha alternativa de cara ás vindeiras eleccións municipais”. De feito, “o Partido Popular estivo no goberno municipal ata fai sete anos”.

A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP - a presidenta, Elena Candia; o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; e o secretario de organización, Javier Vázquez Prado- que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes”.

A xestora conta, xunto a Roberto Díaz Expósito, con Sandra Gómez Maradona, Francisco Javier Rodríguez Barrera, Antonio Rego Rey, Eduardo Reigosa Braña, Jesús Villarino Gavín e Mariano de la Torre Galindo. O presidente sinalou que se trata “dun grupo aberto á integración daquelas persoas que queiran traballar por Lourenzá”.

“O obxectivo do PP de Lourenzá é o de traballar para mellorar Lourenzá e beneficiar aos nosos veciños. Temos ideas e ganas de traballar e, entre todos, seguro que podemos facer que un pobo mellor para todos os veciños, un municipio no que investir para crear empregos e asentar familias e, polo tanto, asegurar o seu futuro”.

0.098933935165405