O PP de Foz solicitara a Deputación a contratación dun coordinador das artes da Mariña para o Cenima
O Grupo Municipal popular presentará unha moción para que a Deputación financie a contratación de un coordinador das artes da Mariña que xestione de forma eficiente as salas de exposicións na primeira planta do Cenima dado que a día de hoxe a falta de medios humanos na area de cultura e a especialización do traballo fan imposible que o Concello poda dar un bo servizo.
Declara Castiñeira que “é unha petición feita innumerables veces polos grupos de artistas e artesáns que usan estas salas para expoñer as súas obras e que ven como o Concello de Foz non é capaz de atender cun mínimo de planificación e seguridade o apoio ás exposicións que alí se desenrolan entre elas a semana das artes plásticas da Mariña na que tamén participan escolares de toda a comarca.”
Prosegue o voceiro popular, “Igual que se fixo no anterior goberno municipal cos dous centros de interpretación que se montaron, un en San Martiño con servizo permanente de guía e outro precisamente na planta baixa do Cenima de turismo virtual no que a mancomunidade ubicou a técnico de Turismo , entendemos que é necesario dotar previamente de medios humanos fixos e preparados a xestión desas salas para garantir un bo servizo ao público e unha mellor organización”.
Remata Castiñeira, “cremos que dito servizo podería estar perfectamente sincronizado coa rede museística da Deputación de Lugo que é un organismo con suficiente experiencia e bagaxe, polo que solicitamos que a Deputación de Lugo financie a contratación dun coordinador das artes da Mariña para xestionar as salas de