O PP de Foz reclama ao Goberno local melloras no alumeado público das parroquias

Foz
AMariñaXa
O PP de Foz reclama ao goberno bipartito local melloras no alumeado público das parroquias, “que nunca tan mal estivo”
23 Jan 2023

O PP de Foz reclama ao goberno bipartito local melloras no alumeado público das parroquias, “que nunca tan mal estivo”. Así, o portavoz popular, Javier Castiñeira, anuncia que “a petición dos veciños de Foz, o grupo municipal do PP levará un rogo ao próximo pleno, para instar ao goberno bipartito (PSOE-BNG) a mellorar o servizo de alumeado público do noso concello, que nunca tan mal estivo”.

Castiñeira indica que o alumeado público “é un servizo que é moi necesario, especialmente nas parroquias, nas que viven practicamente a metade dos nosos veciños”. De como está este servizo nas parroquias “é un claro exemplo Fazouro, onde os veciños nos din que dende hai tempo hai luminarias apagadas ou avariadas e que o Concello non fixo nada para reparalas; isto di moito da xestión do bipartito municipal, e, sobre todo, dou pouco apego que ten este goberno ás nosas parroquias”.

Os focenses que viven na zona rural, di Castiñeira, “demandan servizo básicos, eficientes e unha boa atención que non reciben”. Os populares piden “ao equipo de goberno que canto antes solucione todos estes problemas e que se poña a traballar para atender aos veciños das parroquias de Foz”.

Castiñeira sostén que “non se pode falar, como fai o bipartito, de promover o rural, de animar a vivir no rural, cando non é capaz de dar servizos óptimos aos veciños, como é o caso do alumeado público, básico e moi demandado nas parroquias”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17681193351746