O PP de Foz pídelle ao alcalde que reclame a vivenda pública en solares da Sareb

Foz
AMariñaXa
O Partido Popular de Foz pídelle ao alcalde que lle reclame ao presidente do Goberno a vivenda pública que prometeu
Javier-Castineira-PP
Javier Castiñeira
15 Maio 2024

O Partido Popular de Foz pídelle ao alcalde que lle reclame ao presidente do Goberno a vivenda pública que prometeu en solares da Sareb como o de Vialmar en Foz, situado diante da Casa da Cultura. Lembran que o presidente do Goberno e o PSOE compremeteron, no seu día, máis de 180.000 vivendas en solares desta índole.

“A Sareb forma parte do Estado polo que cremos que o alcalde de Foz debe iniciar as xestións e negociar coa propia Sareb e co Ministerio de Vivenda para que se fagan neste terreno as vivendas sociais e de protección oficial que prometeu Pedro Sánchez”, opina o voceiro do PP de Foz, Javier Jorge Castiñeira. Recordan que o Partido Popular, no seu día, fixo unha boa xestión que foi transformar a ordenación desa parcela, que ía nunha mazá pechada, e facer unha praza na esquina que suavizaría a ordenación desa zona.

“Pedímoslle ao señor Cajoto que se poña mans á obra, que se poña a traballar. Entendemos que o prometido é débeda e, polo tanto, consideramos que é o momento perfecto para sacar esa promoción con fondos do Estado e coa colaboración da propia Sareb”, finaliza Jorge Castiñeira

0.19303417205811