O PP de Foz pide unha comisión de seguimento da Residencia

Foz
AMariñaXa
O PP de Foz pide unha comisión de seguimento da Residencia, formada polos portavoces municipais, familiares e traballadores
27 Jan 2023

O PP de Foz pide unha comisión de seguimento da Residencia, formada polos portavoces municipais, familiares e traballadores. "O problema da Residencia da Terceira Idade queda provisionalmente solucionado, para uns sete meses, gracias a adopción das medidas nas que insistiu durante meses o PP", di o portavoz popular, Javier Castiñeira, ao fío dos acordos adoptados no pleno celebrado onte pola corporación municipal, di que o alcalde debe pedir perdón aos residentes, aos seus familiares, aos traballadores, ao PP e a todas as institucións ás que criticou cando só querían axudar a resolver un grave problema. Os populares piden a constitución dunha comisión de seguimento da Residencia, na que estean todos os voceiros municipais e representantes dos familiares dos residentes, dos traballadores e da empresa.

Castiñeira sinala: “No día de onte volvemos vivir un esperpento protagonizado polo señor Cajoto, ao que se lle nota que está absolutamente superado, illado e que non é competente para realizar os seus labores. Nesta sesión ían tres puntos e con respecto á residencia, nun deles, de urxencia, estivo cambiando os papeis ata dúas horas antes do pleno, sen avisar a todos os partidos. É lamentable, porque todo é feito á présa e sen organización ningunha”.

Os populares culpan “desta situación ao señor alcalde, que o único que fixo foi complicar un asunto que estaba ben, complicar unha residencia que funcionaba perfectamente”. Castiñeira di: “O único que tiña que facer era continuar a xestión que fixo o PP; dixémosllo durante varios anos: ten vostede que renovar o convenio co Consorcio por outros catro ano, e non o fixo ata o día de onte, que o aprobamos no pleno. Dixémoslle: ten vostede que sacar un novo concurso para antes do 16 de xaneiro, para ter unha alternativa, ben sexa a mesma empresa ou outra e tampouco o fixo.  Igualmente avisamos de que tiña que negociar coa empresa, e tampouco o fixo ata o último día, ata onte mesmo, cando aínda había discrepancias e a empresa sufriu outro engano, esperemos que o último, polo señor Cajoto”.

Javier Castiñeira explica: “Diante das novas circunstancias, o PP votou a favor dese acordo. Esperemos que o Señor Cajoto non meta a pata unha vez máis,  e que este asunto quede solucionado polo menos para estes sete meses (eu creu que se pode licitar moito antes o novo contrato); esperemos que quede solucionada esta situación provisional. Por parte do señor Cajoto todo foron mentiras e intentou culpabilizar a todos cando o que ía mal era el, como o kamikaze que vai en sentido contrario e di que van mal todos os outros”. No PP non se fían de Cajoto, polo que queren “que se forme unha comisión de seguimento, na que esteamos todos os voceiros e na que deberían estar os familiares dos residentes e representantes dos traballadores”.

Castiñeira considera que “deixar nas mans de Cajoto unha vez máis o futuro da Residencia non sería lóxico”. Os populares demandan a Cajoto “que pida perdón a todas as institucións ás que danou cando intentaron axudarlle; perdón aos afectados -familiares e traballadores- e ao PP, que o leva asesorando seis meses, dicíndolle o que tiña que facer, e o único que recibimos foron insultos”. En resumo, “a actitude do alcalde neste seis meses non é a propia dun alcalde como merece o concello de Foz”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17697691917419