O PP de Foz pide que os membros do bigoberno resolvan os orzamentos
O Partido Popular considera que a crise do bipartito é a razón para que Foz aínda non teña Orzamento para o 2025. “Lamentamos que, a día de hoxe, iniciado o 2025, o Concello de Foz non teña orzamentos e que, de momento, nin se nos chamou para mostrarnos algún tipo de avance ou pedirnos algún tipo de propostas”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira.
Javier Castiñeira lamenta que “PSOE e BNG se apuraran moito para subir impostos, entre eles o da auga, pero que non sexan capaces, debido á falta de traballo en equipo, de sacar adiante os contratos que están caducados e que lle están custando moitos cartos aos focenses mentres os servizos seguen en situación irregular”.
“Foz está sen orzamentos e iso prolongará a parálise municipal que estamos a vivir e da que se queixan os veciños, os cales están fartos de pagar máis impostos tendo peores serivos”, explica o voceiro do PP de Foz.
Os populares piden que “os membros do bigoberno resolvan, canto antes, os seus problemas e se poñan a traballar que para iso o Concello está pagando catro dedicacións a un equipo de goberno que está totalmente aturdido”.