O PP de Foz pide máis eficacia nas obras do barrio das Casas Baratas
O Partido Popular de Foz pide máis eficiencia ao alcalde na xestión das obras. “Dicimos isto porque oímos ao alcalde que se vai a iniciar unha obra máis no centro urbano cando os traballos máis importantes que se están a realizar neste momento, no barrio das Casas Baratas, están paralizados”, indica o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
O PP revisou o expediente da obra do barrio das Casas Baratas e asegura que é un auténtico despropósito. “Estamos moi preocupados porque só están executados dous terzos, o 64 % do proxecto, e o resto está no aire. O que di tamén a documentación é que hai varias irregularidades que se traduciron en reparos de Intervención, entre eles ao propia contratación do proxecto que, segundo a Interventora, non seguiu o proceso legal establecido e, polo tanto, o que mal empeza, mal acaba”, lamenta Jorge Castiñeira.
Polo tanto, desde o Partido Popular de Foz reclaman ao alcalde que dea solucións canto antes á situación no barrio das Casas Baratas, que resolva os problemas que ten coa empresa e que está obra se remate antes de que comece o verán e recordan que se está moi por enriba do prazo estimado inicialmente para realizar este proxecto. “Pedimos ao señor Cajoto menos anuncios e propaganda e máis resultados e eficiencia na xestión das obras”, remata o voceiro do PP de Foz.