O PP de Foz leva unha iniciativa ao pleno para arranxar a estrada que dá acceso a Mañente

Foz
AMariñaXa
Trátase dun antigo tramo da nacional que está perigoso, con grandes baches, nunha zona de baixa visibilidade e cun ancho reducido, sinalan
estrada-Mañente
22 Xuño 2024

Ante as numerosas queixas dos veciños e a comprobación feita pola concelleira Verónica Soto do mal estado no que se atopa a estrada que dá acceso a Mañente pola N-642, o Grupo Municipal Popular de Foz levará unha iniciativa ao pleno instando ao Estado a que arranxe esta vía que, segundo consta nos inventarios, segue pertencendo á Rede de Estradas do Estado.

Trátase dun antigo tramo da nacional que está perigoso, con grandes baches, nunha zona de baixa visibilidade e cun ancho reducido,sinalan, debaixo da ponte pola que pasa a N-642. “O peor tramo situase nun punto que está nunha curva moi pechada e cunha fochanca que ocupa practicamente a anchura da vía, ao que hai que sumarlle a perigosidade dun paso de xabarís nese mesmo punto”, afirma a concelleira popular.

Verónica Soto sinala que “xa que Cajoto parace non ter moito interese e o BNG nin está nin se lle espera, desde o Grupo Municipal Popular queremos instar ao titular da vía a que a arranxe con garantías e á maior brevidade posible”.

0.2080409526825