O PP de Foz insta ao goberno a impulsar o plan especial de protección da zona antiga

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro Popular Javier Castiñeira afirmou que “en setembro de 2018 o anterior goberno municipal asinou coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a aprobación definitiva do primeiro Plan Xeral de Foz despois de moitos anos de tramitación.
10 Dec 2019

O voceiro Popular Javier Castiñeira afirmou que “en setembro de 2018 o anterior goberno municipal asinou coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a aprobación definitiva do primeiro Plan Xeral de Foz despois de moitos anos de tramitación.

"Un fito histórico que significou un gran avance para a nosa localidade,que moderniza o Concello e adáptao á legalidade urbanística actual, mellora a seguridade xurídica e implica un cambio fundamental na planificación, na organización e especialmente na protección do entorno urbano e rural e do patrimonio histórico cultural de Foz".

Concreta Jorge Castiñeira, “o plan inclúe o compromiso de redactar un Pepri nunha zona xa delimitada, que coincide coa parte máis antiga da vila coa intención de que puidera ser desenrolada máis minuciosamente unha vez se aprobara o Plan Xeral debido ao seu carácter distintivo e orixinal da Vila de Foz.

Actualmente esa zona inclúe unhas normas de ordenación provisionais concretas que o protexen pero que non o desenrolan e que debe ser contratado e redactado a un equipo de profesionais do mesmo xeito que se fixo co PXOM”.

Di Castiñeira “despois de seis meses de goberno inactivo, no que so se adicaron a aproveitar a inercia executiva do anterior goberno popular, e tendo en conta que vai ser un proceso longo no que deben participar os veciños como pasou co pxom, instamos nunha moción ao goberno bipartito a que contrate o antes posible dito documento e inclúa unha partida especifica para este proceso nos orzamentos do 2020 que ainda ten sen aprobar”.

0.18400597572327