O PP de Foz inaugurou a súa nova sede

Foz
AMariñaXa
“Agora achegámonos un pouco máis ao corazón de Foz, máis preto da casa do Concello", sinalou Castiñeira
inauguración-sede-PP-de-Foz
11 Out 2024

O PP de Foz inaugurou a súa nova sede, na rúa Álvaro Cunqueiro, unha nova etapa que “comezamos con moita ilusión e que, como as anteriores, ten as portas abertas a toda a veciñanza de Foz”. Neste acto participaron o presidente do PP de Foz, Javier Castiñeira; a presidenta provincial do PP, Elena Candia; a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; o senador por Lugo, José Manuel Balseiro; o voceiro do PP na Deputación, Antonio Ameijide; así como alcaldes da comarca e representantes e simpatizantes do PP.

Javier Castiñeira explicou que foi “un día moi especial, despois de tantos anos na sede da Avenida da Mariña”. “Agora achegámonos un pouco máis ao corazón de Foz, máis preto da casa do Concello, que agardamos sexa un sinal de que o PP
volverá a estar na alcaldía de Foz para poder dar a todos os veciños do municipio uns servizos de calidade, como os que merecen”, sinalou.

Javier Castiñeira destacou en que “o PP de Foz é unha gran familia, que sempre ten as portas abertas a todo aquel que queira formar parte dela, polo que convidamos a calquera focego a achegarse a esta nova sede para achegar ideas,
denunciar calquera inxustiza ou simplemente traballar para que Foz mellore día a día”.

0.18314409255981