O PP de Foz esixe o repintado dos pasos de peóns dado o seu deterioro

Foz
AMariñaXa
O PP de Foz esixe ao goberno muncipal a corrección inmediata da pintura nos pasos de peóns dado o seu deterioro
Foz pasos peons deterioro
2 Ago 2022

O PP de Foz esixe ao goberno muncipal a corrección inmediata da pintura nos pasos de peóns no núcleo urbano da vila dado o seu deterioro, "o goberno local é incapaz de dar solución ás principais necesidades do municipio na época con máis afluencia de xente", di o voceiro Javier Castiñeira. 

Castiñeira di “no pasado pleno, o grupo municipal do PP presentou un rogo baseado nas queixas dos veciños que lamentan o mal estado dos pasos de peóns”. O portavoz explica que nalgúns casos o deterioro é moi perigoso para os transeúntes, pois a falta de pintura e a mala visibilidade poñen en risco a seguridade cidadá.

Por outra banda, desde o grupo popular sorprende a resposta do alcalde ante este rogo asegurando que xa se pintaran no ano 2021. Ante este despropósito, Castiñeira subliña: “Os pasos de peóns deben pintarse todos os anos. Así se fixo sempre, especialmente antes da campaña do verán que é cando máis tráfico hai tanto de peóns como de vehículos”. Ademais, os populares non entenden que o goberno local presuma de récords de ocupación cando están desatendendo servizos básicos e de seguridade cidadá.

Castiñeira reclama responsabilidade ao alcalde ante esta difícil situación ao ter él as competencias de obras e servizos no Concello. Ademais, resalta que “os pasos de cebra son unha mostra da incompetencia do alcalde, pois so hai que salir a rúa e ver a falta de limpeza nás rúas e beirarrúas e con deficiencias na rega do xardín”.

0.23047995567322