O PP de Foz critica que o alcalde "venda a confirmación das rotondas de Cangas, cando xa estaban os anteproxectos dende o seu mandato"

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz recomenda non usar temporalmente a auga da traída pública para a inxesta de auga para cociñar
N 642 ao paso por cangas de Foz
26 Mar 2024

O PP de Foz critica que o alcalde focego, Fran Cajoto, "venda a confirmación das rotondas de Cangas cando no 2018, no noso mandato xa estaban os anteproxectos feitos e valorados".

Segundo Cajoto, a anterior secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, a comezos do pasado ano 2023, “comprometeuse e impulsou varios investimentos para Foz, que xa se están cumprindo. Coas dúas rotondas, no cruce de Gralleira – Ribela e na intersección coa estrada a Ferreira e o Centro Social de Cangas, eliminamos dous puntos negros e imos facilitar moito a mobilidade aos veciños. Xa se expropiaron os terreos necesarios, están consignados os fondos e a empresa encargada do mantemento da estrada nacional e da execución destes traballos está a comprobar a afección a distintos servizos antes de comezar a obra. É unha moi boa nova que neste ano 2024 se fagan realidade”

"No 2018 no final da lexislatura o Goberno do Partido Popular de Foz xunto coa asociación de veciños de Cangas conseguían o compromiso do Goberno do Estado de facer dúas rotondas en Cangas, estaban os anteproxectos feitos e valorados", indican dende o Partido Popular de Foz.

Así, dende o Partido Popular de Foz, "meses despois entraron os socialistas a gobernar en Foz e no Estado e dende aquela moitas notas de prensa e propaganda e levamos 5 anos perdidos, as rotondas sen facer e coas estradas cheas de fochancas perigosas que danan os coches e causan accidentes", engaden.

0.18828201293945