O PP de Foz critica o mal estado da área recreativa de O Carme

Foz
AMariñaXa
Os populares de Foz apoia as queixas de veciños de San Martiño polo mal estado da área recreativa de O Carme
area recreativa de O Carme  san martino foz
20 Aug 2021

O PP de Foz apoia as queixas de veciños de San Martiño polo mal estado da área recreativa de O Carme e esixe ao goberno local que roce esta zona e repare os merendeiros e as fugas de auga.

Así o puxo de manifesto o grupo municipal do PP en palabras do seu portavoz popular, Javier Castiñeira, "o goberno municipal de Foz dedica moitos esforzo a verbalizar o seu interese polas cuestións medioambientais, pero, á hora da verdade, a palabrería queda moi lonxe dos feitos".

Castiñeira explica que "nos merendeiros hai moitas pezas rotas e abunda a maleza porque “está sen rozar como non se recorda”. O portavoz popular sinala “a verdade é que os veciños están enfadados e con moitísima razón; é penoso ver o estado no que se atopa esta área recreativa, que é moi importante para Foz e para esta parroquia”.

Castiñeira non se sorprende do estado no que está este espazo de O Carme, porque “é consecuencia da dinámica que vén mantendo o equipo de goberno municipal nestes dous anos que leva á fronte do Concello”. Lembra que os populares xa denunciaron durante todo o verán o abandono das zonas verdes, como no Caso de Bispo Santo e A Frouxeira. Para os populares está claro que no Concello de Foz “non existe política de turismo nin de protección do medio rural; as parroquias están abandonadas e por iso hai moitas queixas dos veciños, entre outras cousas, porque as beiras de moitas das estradas están sen rozar”.

Castiñeira engade “non hai máis que ver o núcleo urbano, sen limpar; é froito da inacción do equipo de goberno, dun bipartito totalmente inútil  para o pobo de Foz, que é incapaz de aprobar un plan de emprego, como lle propuxo o PP, para evitar todos estes problemas que hai agora, especialmente nas áreas recreativas, como ocorre  na do Carme de San Martiño”.

Os populares piden ao equipo de goberno do Concello que, “canto antes, dea as instrucións oportunas para que se proceda a rozar a maleza no Carme e a reparar as deficiencias que alí hai, incluídas as fugas de auga”. Piden aos responsables municipais que “atendan ás áreas recreativas e cambien de actitude, porque o pobo está cheo e tanto os turistas  como os nosos veciños queren desfrutar destes espazos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16339802742004