O PP de Foz critica a xestión económica do goberno tras analizar a liquidación de 2025

Foz
AMariñaXa
Os populares denuncian incumprimentos nas regras fiscais e cuestionan a capacidade do executivo para administrar os fondos públicos
Javier-Castiñeira,-PP-Foz
25 Mar 2026

O Partido Popular de Foz realizou unha valoración crítica da liquidación do exercicio 2025 presentada polo goberno municipal, concluíndo que evidencia “unha nula capacidade de xestión dos fondos públicos”. O portavoz popular, Javier Castiñeira, asegurou que “queda demostrada a falta de control na administración económica por parte do executivo”, ao tempo que advertiu de que as contas “están desvirtuadas grazas a un suplemento de crédito de millón e medio de euros aprobado polo BNG”.

Segundo explicou Castiñeira, mesmo con ese reforzo orzamentario, o Concello non cumpre coas regras fiscais. “A estabilidade orzamentaria está en negativo en máis de 811.000 euros e a regra de gasto tamén presenta un desfase superior aos 613.000 euros”, indicou. Ademais, os populares sinalan que a liquidación inclúe 87 reparos de intervención, que atribúen a unha mala xestión, e lembran que o interventor municipal instou ao goberno a cumprir coa normativa de contratación pública.

O PP tamén critica que o Concello continúe sen orzamentos en vigor xa superado o primeiro trimestre de 2026 e acusa ao executivo de incumprir compromisos adquiridos. Castiñeira dirixiuse especialmente á tenente de alcalde, á que reprochou a súa actitude e pediu que “se dedique máis ás contas e menos aos contos”.

0.12378001213074