O PP de Foz crítica a falta de mantemento das marquesiñas rurais ao comezo do curso escolar
O Partido Popular de Foz denuncia a falta de xestión do equipo de goberno ao inicio do curso escolar debido ao abandono do mantemento das marquesiñas situadas no rural. Un exemplo destacado é o barrio de Ribela na parroquia de Cangas onde a marquesiña está repleta de sucidade e maleza o que impide que os nenos a utilicen para esperar o autobús
“A situación é alarmante non só polo abandono das parroquias senón porque os veciños acoden ao equipo de goberno para informar sobre o problema e ninguén os escoita. Como resultado desta deixadez moitos pais e nais dos nenos están asumindo a tarefa de limpar e rozar as marquesiñas para que poidan ser utilizadas” lamenta a concelleira popular Laura Riveira
Riveira critica a situación como “unha auténtica vergoña” e considera que tanto o PSOE como o BNG deberían pedir desculpas aos veciños pola mala programación e xestión do inicio do curso escolar.