O PP de Foz cre que o Concello "carece de técnicos habilitados"

Foz
AMariñaXa
O popular explica que “o secretario está sendo substituído por unha secretaria accidental, pero esta non é a situación máis conveniente para un Concello coma Foz”
Javier-Castineira-PP
20 Xul 2024

O Partido Popular de Foz denuncia que “o caos chega á área de administración en Foz” porque “o Concello carece de técnicos habilitados, xa que faltan Secretario e Interventor titulares por decisión do señor Cajoto que parece estar máis cómodo na provisionalidade”.

O popular explica que “o secretario está sendo substituído por unha secretaria accidental, pero esta non é a situación máis conveniente para un Concello coma Foz”. De feito, “todo isto lévanos a situacións peculiares como que o PP teña que impugnar propostas no pleno ante a falta de criterios técnicos”.

Castiñeira cre que “se debe a unha decisión clara do alcalde que prefire ter técnicos, que ademais está desatendendo as súas competencias para ocupar as de Secretario, cando o Concello dispón dunha bolsa de secretarios demandando a praza”. Pero, “Cajoto non tira da bolsa de secretarios da que dispón o Concello porque prefire a falta de técnicos para salvar as súas inxerencias en asuntos coma o da residencia”.

O portavoz do PP advirte que esta situación “non afecta só ao funcionamento do Pleno, como denunciou o PP fai días”; senón que “prexudica a veciños e traballadores porque algúns teñen pendente de cobrar reclamacións salariais e o señor alcalde se escusa botando a culpa aos técnicos que non están”.

0.18860912322998