O PP de Foz condena que “o Goberno local teña pensado aprobar unha subida dun 70% a taxa da auga”

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz recomenda non usar temporalmente a auga da traída pública para a inxesta de auga para cociñar
19 Xan 2024

O portavoz do PP de Foz, Javier Castiñeira, amosa unha vez a súa sorpresa ante o “absoluto despropósito e total prepotencia” do señor Cajoto en relación á xestión da auga.

Castiñeira lembra que “vimos dunha situación na que os veciños de Foz estivemos máis de 50 días sen servizo de auga potable que o Concello compensou con apenas 60 céntimos”. E, agora, “continúa nesa dinámica de prepotencia ao anunciar unha subida do 70% da cota que tiñamos ata agora sen contar coa oposición”.

O Grupo Municipal Popular está citado para a próxima semana para escoitar aos técnicos que desenvolveron o prego, pero “témonos que enterar pola prensa de que o señor Cajoto xa ten pensado aprobala”.

En relación á xestión da auga, os populares subliñan que “o PSOE contradise: non é o mesmo que dicían no 2011 na oposición que o que fai agora o señor Cajoto. Daquela si que se propoñían actualizacións, tal e como estaban recollidas no contrato, pero o PSOE dicía que non se actualizaran os prezo porque subirlle a auga aos veciños non era boa noticia”, subliña Castiñeira.

E, agora, “os socialistas din exactamente o contrario”. Pero, “se daquela se tiveran actualizado os prezos, teríanse aforrado as denuncias de Gestagua e varios millóns de euros que houbo que pagar. E, dende logo, tamén se evitaría esta subida agora de golpe, practicamente 12 anos despois, que ascende ao 70%”.

O popular condena “esta prepotencia do señor Cajoto non só co PP, senón tamén con tódolos veciños” en relación á xestión da auga: non é de calidade, sube o prezo da taxa aos veciños e non lles compensa por estar máis de 50 días sen auga potable”.

0.18844413757324