O PP de Foz alerta da situación "insostible" do punto limpio

Foz
AMariñaXa
Os populares apuntan a que os residuos invaden todo o espazo, xeran mala imaxe e limitan a operatividade
punto-limpio-foz
17 Nov 2024

O Partido Popular de Foz alerta que Cajoto converteu o punto limpo nunha escombrera por non cumprir cos pagos ás empresas xestoras. Hai semana que os populares denunciaron esta situación pero agora volveuse insostible xa que os residuos invaden todo o espazo o que, ademais de dar unha imaxe de abandono, limita a súa operatividade.

O voceiro popular, Javier Castiñeira, explica: “Os usuarios non entenden a mala xestión do punto limpo de Foz, que nunca estivo tan mal, pero parece ser que os motivos do colapso son os impagos ás empresas xestoras que recollen o material ás que o Concello lles adebeda varios meses de facturas”.

Sinala que este non é ó único caso de empresas que traballan para o Concello ás que se lle adebedan pagos. Son moitas outras, afirma, como denunciou no seu día o PP de Foz, como a empresa que xestiona a Residencia de Maiores, a empresa encargada do alumeado público e outras moitas. “Están deixando de traballar ao acumular débedas pola inoperancia administrativa de PSOE e BNG que están obsesionados en subir impostos, non pagar a tempo ás empresas, dar peores servizos e buscar desculpas para non asumir responsabilidades”, considera Castiñeira.

0.20248913764954