O PP de Burela reuniuse coa comunidade de montes e os cazadores

AMariñaXa
O PP reuniuse con parte da directiva da Comunidade de Montes Veciñais de Burela e con representantes da asociación de cazadores
27 Jun 2021

Parte da directiva da Comunidade  de Montes Veciñais de Burela reuniuse co grupo provincial do PP para aboradar a posibilidade de que a comunidade de montes de Burela puidera liderar un proxecto piloto na comarca para dinamizar a economía forestal e que serviría como referente para outras comunidades de montes.

A reunión tamén serviu para concretar nas vindeiras datas unha charla explicativa relativa á nova lei que afecta ás plantacións e aos terreos forestais. Neste senso, veuse con moi bos ollos a posibilidade de que a charla estivera aberta, non só aos membros da comunidade de montes, senón tamén a todos aqueles veciños que quixeran informarse sobre o tema e aclarar as dúbidas que puideran xurdir.

Tanto a presidenta provincial do PP, Elena Candia, coma o voceiro municipal do Partido, Manuel Rouco, e a concelleira popular Ana Álvarez atenderon ás solicitudes expostas polos representantes dos cazadores do Coto Azor, o maior coto da Mariña e asentado en Burela, en relación á prevención de riscos en materia de danos causados polo xabaril que, este coto modelo e pioneiro, está a levar a cabo na nosa comarca.

Dende o colectivo de cazadores expuxeron algunhas melloras que podería contemplar a lexislación vixente para garantir esa diminución de danos causados pola fauna cinexética. E, nese sentido, a parlamentaria do PP comprometeuse en darlles traslado.

Pola súa parte o voceiro municipal, Manuel Rouco, indicou que “un representante político non pode traballar de costas á xente, tomando decisións unilaterais que o único que fan é agravar os problemas existentes ou causar uns novos. Por desgraza o goberno local do Sr. Llano non é capaz de entender isto e o único que fai coas súas decisións, ou nalgún caso coa ausencia delas, é afondar máis a brecha existente entre o noso Concello e o resto da comarca da Mariña”, conclúe Rouco.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11059498786926