O PP de Burela pide incrementar o persoal da Policía Local

AMariñaXa
Os populares levarán ao pleno do xoves esta iniciativa, “similar a unha que defendemos no mandato anterior e que foi rexeitada polo goberno socialista”
Casa_concello_Burela
31 Xul 2024

Os concelleiros populares de Burela presentan ao pleno unha iniciativa dirixida a incrementar o cadro de persoal da Policía Local ante “as necesidades que se levan apreciado no último ano: casos violentos, actos vandálicos, etc.”. O portavoz, Manuel Rouco, lembra que se trata dunha proposta “similar á que defendemos no anterior mandato e que foi rexeitada polo goberno socialista”.

Agardamos que, nesta ocasión, a alcaldesa sexa sensible coa seguridade cidadá porque “as demandas veciñais son claras neste sentido”, incide. Os populares explican que “todas as asociacións e veciños consultados reclaman que se cubran todas as quendas da Policía Local (mañá, tarde e noite) e que haxa patrullas. “Se ben, ao mellor, non poden impedir certos delitos ou actos violentos; a súa presenza pode aportar carácter disuasorio”. Para os populares trátase dunha necesidade para toda a veciñanza.

0.14039206504822