O PP de Burela faise eco das queixas dos pais sobre as cancións empregadas nos inchables para nenos

AMariñaXa
O Partido Popular de Burela urxe a xestionar "debidamente" o mantemento da zona de xogos do parque Rosalía de Castro
Inchables diante a Casa do Concello de Burela
28 Ago 2023

Os populares de Burela fanse eco das queixas dos pais e nais sobre a temática das letras das cancións empregadas como animación musical nos inchables situados diante a Casa do Concello. “Se ben nos parece axeitado que os nenos e nenas dispoñan de oferta de ocio no tempo estival, o que non compartimos é que o goberno local se desentenda das actividades contratadas e permita o uso de letras malsoantes e fóra de lugar como animación dos inchables infantís”.

É por iso polo que “dende o PP de Burela instamos ao goberno bipartito a actuar de forma responsable e controlar non só que as actividades se desenvolvan ben, senón que se adapten ao contexto e, neste caso, a animación musical sexa acorde á idade dos usuarios”.

O Grupo Municipal Popular esixirá no vindeiro pleno “un maior control sobre a adecuación da programación das actividades infantís co fin de evitar malestar entre os pais e nais”.

O voceiro, Manuel Rouco, sinala como “unha debilidade máis deste goberno bipartito, a falta de control que debe exercer un goberno dun Concello coma Burela que na actualidade require dunha xestión dende unha perspectiva social”.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Os populares piden, ademais, unha programación de actividades atendendo á diversidade e, polo tanto, que o goberno bipartito teña en conta as necesidades de tódolos nenos e nenas para garantir ao máximo posible a súa participación en igualdade de condicións.

0.19519209861755