O PP de Burela esixe a Patrica Otero que pida desculpas polo uso partidario nas redes sociais

TerraChaXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular burelés esixiulle a Patricia Otero, ata o mes de outubro concelleira delegada de Servicios Socias, Muller e Igualdade do Concello burelés, que “pida desculpas publicamente por ter sido, tal e como afirmou o alcalde, Alfredo Llano, no pleno celebrado este xoves, a responsable de compartir unha publicación do PSdeG-PSOE contra da Xunta de Galicia nun perfil oficial do Concello na rede social Facebook.
12 Feb 2019

O Grupo Municipal Popular burelés esixiulle a Patricia Otero, ata o mes de outubro concelleira delegada de Servicios Socias, Muller e Igualdade do Concello burelés, que “pida desculpas publicamente por ter sido, tal e como afirmou o alcalde, Alfredo Llano, no pleno celebrado este xoves, a responsable de compartir unha publicación do PSdeG-PSOE contra da Xunta de Galicia nun perfil oficial do Concello na rede social Facebook. A publicación socialista foi compartida o pasado día 1, ás 10 horas e 9 minutos. A  señora Otero debe pedir desculpas polo uso ilegal dese perfil e porque  puxo en entredito a profesionalidade do persoal municipal adscrito a tal servizo, persoal que durante moitos anos vén actuando con seriedade e rigor”.

Os populares consideran que “tan impresentable é a conducta da señora Otero, coma a permisividade do alcalde de non renovar as claves do indicado perfil logo da dimisión desa señora en outubro, o que demostra ata onde é capaz de chegar o PSOE no seu uso instrumental e partidista das institucións. Que esta señora sexa capaz de empregar unha rede social oficial do Concello demostra a súa baixeza política e persoal. Se xa era de largo a peor concelleira de Servizos Sociais da historia do Concello, con este enorme borrón na súa traxectoria debería plantexarse seriamente deixar a política. Por iso, esixímoslle ao PSdeG da provincia de Lugo a que obrigue á señora Otero a presentar a súa dimisión como deputada autonómica, por non terse comportado coa dignidade que se lle supón a unha persoa que se dedique á política. Se Álvaro Santos mira para outro lado, estaranos demostrando que todo o PSOE é capaz de facer o mesmo que fixo a señora Otero, que por outra parte pode ser constitutivo de delito”.

0.17532205581665