O PP de Burela di que Llano despídese con outros dous enganos, a ampliación do pavillón Vista Alegre e a RPT

TerraChaXa | AMariñaXa
A candidata do PP burelés, que concorre como número dous do novo e preparado equipo encabezado por Manuel Rouco para as vindeiras eleccións do 26 de maio, asegura que “Llano remata o mandato con dous novos enganos á cidadanía, na liña que ten seguido nestes catro anos”.
22 May 2019

A candidata do PP burelés, que concorre como número dous do novo e preparado equipo encabezado por Manuel Rouco para as vindeiras eleccións do 26 de maio, asegura que “Llano remata o mandato con dous novos enganos á cidadanía, na liña que ten seguido nestes catro anos”. E é que o alcalde socialista adiantar no pleno celebrado o pasado 28 de marzo que antes das eleccións municipais habería outra sesión para aprobar o proxecto de modificación do pavillón Vista Alegre, pero, a día de hoxe, “non hai pleno convocado con ese asunto nin se lle agarda”. Naquela sesión, lembra a popular, que a Relación de Postos de Traballo (RPT) dos empregados públicos municipais tamén sería aprobada antes dos comicios deste domingo, pero este “nin está nin tampouco se lle agarda”. “É dicir, o tempo esgotouse e non cumpriu”, insiste.
O candidata popular afirmou que “Burela non aguanta xa tanto engano e mentira. Nestes últimos catro anos, vimos titulares de prensa sobre a ubicación do mercado, a ordenanza das terrazas, o plan de tráfico, o parque empresarial do Perdouro, a peonalización de certas rúas, a traseira de Capitanía, a modificación do Plan Xeral, o novo pavillón... agora, tamén a ampliación do pavillón Vista Alegre e a RPT. Pero só foron iso, titulares, sobre os que nada se fixo e nada se traballou”.
Para a popular, “cada día que pasa faise máis real a posibilidade de que o Burela Futsal Pescados Rubén xogue fóra, se non toda, alomenos boa parte da vindeira temporada, con todo o que iso trae consigo, pola pasividade de Llano e de Fernández Rey”.
E no relativo á RPT, indica que “Llano asinou o contrato da mesma en xuño de 2016, hai nada máis e nada menos que tres anos, e a día de hoxe ainda segue facendo reunións, pero sen pechar ningún documento e polo tanto sen levalo ao pleno, órgano competente para a súa aprobación”.
Oroza, asega que “deste xeito de facer política mudará radicalmente a partires do día 26 de maio. Cun goberno municipal do PP, encabezado polo noso candidato Manuel Rouco, non se farán anuncios baldeiros de contido. Pero non só iso, traballaremos para ter unhas instalaciòns deportivas acordes co que a cidadanía que practica deporte, os clubes e as asociacións deportivas precisan. Xa o demostramos no seu día: cun goberno municipal do PP instalouse a actual pista do Vista Alegre; a primeira ampliación de Vista Alegre fíxoa un goberno municipal do PP, e un goberno municipal do PP deixou licitada e adxudicada, en 2007, e segunda e hasta agora derradeira ampliación do indicado pavillón”.
No tocante á política de persoal, lemra que a RPT en vigor, a primeira que se elaborou, pactouna cos sindicatos un goberno municipal do PP en 2006. “Dende logo, a nós non nos levará tres anos pactar cos sindicatos unha nova RPT, áxil e adaptada ás necesidades do concello”, conclúe.

0.15476393699646