O PP de Burela critica o retraso nos orzamentos municipais

AMariñaXa
Os concelleiros do PP de Burela lamentan que “a estas alturas do ano, a piques de entrar en maio, nada se sabe dos presupostos municipais do Concello de Burela para o 2021 cando noutras localidades xa están aprobados e se están a executar”.
30 Apr 2021

Os concelleiros do PP de Burela lamentan que “a estas alturas do ano, a piques de entrar en maio, nada se sabe dos presupostos municipais do Concello de Burela para o 2021 cando noutras localidades xa están aprobados e se están a executar”. Con todo, os populares indican que “esta situación que debería ser inaudita, non para de repetirse na nosa vila ano tras ano nun intento de normalización da mesma por parte do goberno local socialista que o único que reflexa é unha mostra máis da falta de traballo, tanto do Sr. Llano como do resto do seu equipo”.

O Grupo Municipal Popular vén de esixirlle por escrito ao goberno municipal, “xa que nada se nos informou ata o de agora, que os elabore de inmediato e que convoque o pleno para o debate dos mesmos para antes dun mes”.

Dende o PP lembran que “sen os presupostos municipais aprobados, non poden repartirse axudas de ningún tipo, nin para o comercio, nin para a hostalaría, nin para as familias ou asociacións, xa que son o documento básico sobre o que pivotan tódalas accións municipais. Hai que ter en conta que, se non se elaboran xa, sendo conscientes do procedemento administrativo para a súa aprobación definitiva, o orzamento municipal para o presente ano non poderá ser aplicado ata, cando menos, mediados do verán, algo que, novamente poñerá en xaque a vida municipal de Burela”.

“Non foron poucas veces nas que, dende o PP de Burela, advertimos que a falta de traballo e a actitude do Sr. Llano e do seu equipo de  goberno, estaban a sumir nun pozo sen fondo á veciñanza de Burela e, do mesmo xeito, non foron poucas as veces nas que o Sr. Llano escusou a súa total inoperancia e a do seu equipo culpando a outros. Dende o PP estamos expectantes por ver a quen culpa nesta ocasión o Sr. Llano pola non elaboración dos presupostos municipais a estas alturas do ano, empuxando un pouco máis cara ao abismo á veciñanza de Burela”, conclúen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18108105659485