O PP de Burela critica a falta de investimentos da Deputación na estrada entre San Román e a vila

AMariñaXa
Acusan ao ente provincial de desatender as necesidades do municipio malia ter representación no goberno provincial
PP-Burela-Manuel-Rouco-2023
6 May 2025

O Partido Popular de Burela amosou o seu malestar pola ausencia de investimentos da Deputación de Lugo no municipio dentro do último plan de mellora e acondicionamento da rede de estradas provinciais. A formación centrou as críticas na situación da estrada LU-P-1502, que conecta Burela con San Román, e na que, segundo denuncian, aínda non se colocaron as barreiras de seguridade prometidas para o lado dereito da vía —nun tramo con forte desnivel— en sentido descendente dende San Román.

Os populares lamentan que, malia contar cunha alcaldesa que ostenta responsabilidades dentro do goberno provincial, concretamente na área económica, Burela continúe sen recibir investimentos. Pregúntanse se esta falta de atención responde a posibles tensións internas no seo do PSdeG tras os recentes resultados nas eleccións provinciais para a secretaría socialista, onde Burela xogou un papel clave.

"Agardamos que os intereses partidarios non condicionen as decisións que afectan aos veciños", sinalan dende o PP, reclamando unha solución inmediata e un trato xusto para o concello.

⚙ Configurar cookies
0.157870054245