O PP de Burela acusa ao Goberno local de retrasos nos pagos a proveedores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular de Burela asegura que “Alfredo Llano e o seu equipo presumen de cumprir cos prazos legais de pago a provedores e logo resulta que vemos como se retrasan nos pagos, neste caso á empresa que realiza o servizo de axuda no fogar”.
24 Jan 2020

O Grupo Municipal Popular de Burela asegura que “Alfredo Llano e o seu equipo presumen de cumprir cos prazos legais de pago a provedores e logo resulta que vemos como se retrasan nos pagos, neste caso á empresa que realiza o servizo de axuda no fogar”.

Tal é así que Manuel Rouco considera que o Concello está a por en risco a economía familiar das traballadoras, algunha das cales só conta con eses ingresos na súa unidade familiar. “O que ten que facer, xa que di que a economía local está forte, é pagar debidamente sen atrasos”, manifesta.

Segundo o voceiro dos populares o Concello abonou as dúas facturas correspondentes ao mes de setembro e unha do mes de outubro, pero ten pendentes de pago a segunda do mes de  outubro, e as catro correspondentes aos meses de novembro e decembro. “Foi moi sutil Llano dicindo que abonaran dous meses, cando na realidade, cando fixo esas declaracións, pagaran só as dúas facturas que se corresponden co mes de setembro, pero esa sutileza non deixa de faltar a verdade, algo ao que o alcalde xa nos ten acostumados. Enganou ás traballadoras que falaron con el e oculta a auténtica realidade”, defende.

Ademais, Rouco indica que culpar aos funcionarios do impago “é inmoral e impresentable”. Das manifestacións do rexedor despréndese que a causa do impago é a ausencia dunha funcionaria. “O que ten que facer un alcalde que se prece é arbitrar as solucións pertinentes para que estas situacións non se produzan”, afirma.

O voceiro do PP esíxelle ao alcalde que, ao igual que se pagan as nóminas dos empregados municipais, incluída a da do dirixente local ata cando está en funcións, tamén lle hai que pagar a todos e cada un dos provedores, porque, como no caso das empregadas do servizo de axuda no fogar, hai economías familiares que poden resentirse.

  


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17315697669983