O PP de Barreiros urxe ao goberno local a mellorar o aparcadoiro de San Cosme

AMariñaXa
O PP de Barreiros propón mellorar a seguridade dos usuarios do aparcamento de San Cosme pois "é unha lameira"
barreiros aparcadoiro san cosme
10 Ago 2022

O Grupo Municipal Popular de Barreiros insiste na necesidade de mellorar o pavimento do espazo habilitado como aparcadoiro público no casco urbano de San Cosme. O voceiro, José Manuel Gómez Puente, sinala que “xa é unha lameira” e advirte que o seu estado “é impropio dun pobo turístico”.

O popular amosa tamén a súa preocupación polo risco que supón para os usuarios o seu estado esvaradío: “os vehículos poden patinar e os peóns poden sufrir caídas”.

Gómez Puente sinala que “non é de estrañar que chova na Mariña e, tralas últimas chuvias o estado do aparcamento situado ao lado do centro de saúde e preto dos locais comerciais do centro urbano de San Cosme empeorou”.

Os populares urxen ao goberno local do BNG a acondicionar o aparcamento “en condicións” dotándoo dun firme acorde ás necesidades dos veciños e velando pola súa seguridade. É cuestión de vontade e de xestión tendo en conta que non se require un investimento moi elevado para mellorar o estado do solo deste aparcamento”, conclúe o voceiro.

0.18349504470825