O PP de Barreiros pide reabrir ao público a praia de San Bartolo

AMariñaXa
O PP de Barreiros insta a alcaldesa de Barreiros a xestionar con Costas a reabrir ao público a praia de San Bartolo.
praia san bartolo barreiros pechada
24 Ago 2022

O PP de Barreiros insta a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, a xestionar con Costas a execución dos traballos precisos para reabrir ao público a praia de San Bartolo.

P portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, di que "son moitos os veciños e veraneantes que teñen as súas vivendas preto de dita praia e séntense impotentes ao ver que dende o 3 de xaneiro de 2021 o goberno municipal segue sen dar unha solución ao problema”. Por iso insta á alcaldesa a traballar co Servizo Provincial de Costas para adoptar as medidas precisas para que sexa posible reabrir ao público a praia.

O portavoz popular non entende “como  non é prioritario para á alcaldesa e para os membros do seu goberno dar unha solución a este problema”. Destaca que ao equipo de goberno local (BNG-PSOE) supónselle sintonía suficiente co Goberno de España para que o Servicio  Provincial de Costas  colabore en subsanar os posibles novos derrubes, mediante a consolidación das zonas de acantilado de dita praia para que sexa seguro acceder a ela”. Como dato significativo sobre a apatía do goberno local, Gómez Puente destaca que “na escaleira da acceso á praia aínda están sen retirar os cascallos e non sabemos se ocorreron máis derrubes”. 

Gómez Puente lembra que “a praia de San Bartolo é unha das nove praias coas que conta Barreiros, e a única  que ten unha fonte ferruxinosa”.

0.18612480163574