O PP de Barreiros pide que se manteñan sen maleza e limpos os terreos particulares
O PP de Barreiros acaba de presentar unha iniciativa que será abordada na próxima sesión plenaria, para que o Concello "cumpra coa súa obriga en canto a que os terreos públicos e privados sen edificar estean libres de maleza e de sucidade".
O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, lembra que os propietarios de soares e fincas teñen a obriga de mantelos nas debidas condicións de limpeza e ornato, tanto por razóns de salubridade como de seguridade e de imaxe dos núcleos de poboación. Cando os propietarios, por iniciativa propia, non atenden estas responsabilidades, é precisa a intervención do Concello. Sinala: “No noso ámbito, hai terreos nos que abunda a maleza, co conseguinte deterioro da seguridade e da imaxe de Barreiros. Por este motivo son frecuentes as queixas veciñais e é precisa a intervención do Concello; esperemos que a alcaldesa, Ana Ermida, atenda a petición dos veciños”.