O PP de Barreiros lamenta o estado no que se atopan as zonas de xogo infantís do municipio

AMariñaXa
Gómez Puente explica que os veciños de Barreiros denunciaron esta situación
PP-parque-infantil-Barreiros
17 Maio 2024

O PP pide ao Goberno local de Barreiros “maior sensibilidade” polas zonas de xogo infantís e que se garanta o seu correcto mantemento.

O voceiro do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, explica que nais e pais do municipio lamentaron o abandono que sofren os parques infantís e as zonas de exercicio para maiores “moi deterioradas e cos elementos rotos e oxidados”.

"Especialmente curioso é o estado destas zonas de ocio nas proximidades da gardaría. O chan acolchado das zonas de recreo para nenos e maiores presenta numerosas fendas nas que é doado meter un pé e facerse moito dano, polo que o Goberno local debería de estudar o seu cambio inmediato”, sosteñen.

“É unha mágoa que estas zonas de ocio estean abandonadas”, xa que se trata de zonas moi agradables nas que pasar os momentos de recreo agora que comezan as boas temperaturas.

Incluso, Gómez Puente explica que estes veciños de Barreiros afirman que se puxeron en contacto coa propia alcaldesa para tentar solucionar a situación pero “á vista dos feitos, nin se preocupou”, polo que dende o PP local “esiximos o correcto mantemento destas zonas de xogo”. Incluso, senón se pode realizar de inmediato esta actuación pode que o máis conveniente sería sinalizar os perigos, valar os elementos máis danados ou retiralos “para evitar sustos”.

0.1879711151123