O PP de Barreiros insta á alcaldesa a correxir os problemas de seguridade da depuradora
Os concelleiros populares de Barreiros non entenden "o desinterese da alcaldesa do municipio por corrixir os problemas de seguridade da depuradora municipal", circunstancia que xa advertiron dende o PP en xullo deste ano sen que ela fixera algo por solucionar os problemas.
Explica o voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, que "lonxe de corrixirse esas deficiencias a rexedora, Ana Ermida, permitiu que a situación empeorase poñendo en risco a seguridade de calquera persoa que poida entrar no recinto”.
Os concelleiros do PP realizaron unha nova revisión das instalacións e comprobaron como segue sen haber porta principal e no seu lugar colocaron un palet ao que agora se engade que o valado exterior está completamente roto.
“Unha infraestrutura que é prioritaria e imprescindible e debe estar protexida por seguridade xa que hai fosos e tomas eléctricas que poden resultar perigosas, ademais de para previr roubos. E de sentido común que un edificio público que cumpre unha función prioritaria estea pechada ao publico”, explicou.