O PP de Barreiros esixe a retirada dunha árbore caída contra un dos valados do colexio

AMariñaXa
O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, insta á alcaldesa a “dar a orde de retirala de inmediato”
arbore_caida_barreiros
Árbore caída
1 Xuño 2024

A preocupación das nais e pais dos escolares de Barreiros vai a máis ao ver como hai varios meses que unha árbore caeu sobre undos valados exteriores do centro   que a alcaldesa nin ninguén do goberno local deran orde de retirala, “o que pon en risco a seguridade dos rapaces”. O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, insta á alcaldesa a “dar a orde de retirala de inmediato” xa que “a seguridade dos rapaces do colexio ten que ser o primeiro”.

Unha orde que “debería de terse dado dende o momento no que caeu xa que a parcela na que estaba a propia árbore é de titularidade municipal”, ao que engade que “esa parcela está chea de maleza e non se preocupan por limpala”. José Manuel Gómez Puente explica que a preocupación entre os pais e nais dos nenos que van ao colexio crece co paso dos días “porque non se sabe se o valado aguantará moito tempo máis o peso da árbore”.

Ademais, nese punto hai un composteiro no que se deposita materia orgánica para xerar abono, polo que “debería de vallarse a zona mentres non se retire a árbore para evitar calquera risco”. Para o popular estamos ante “unha nova mostra” da “despreocupación e a falta de traballo” da alcaldesa e o seu equipo de goberno que tamén se pode ver reflectido na falta de dilixencia para ter limpas as fincas de titularidade do concello.

0.19547915458679